A chimenea ainda botavas os ultimos resquicios de calor. Non chegaba para quentar a habitación, pero quizais si o seu corpo se se sentaba preto. Pensou que ela se sentía igual por dentro. Ela xa non o quería, pero aferrabase a el como a última oportunidade de manter a súa vida como ata agora, so un pouco máis. Sabía que se acabaría pronto, pero non topaba motivos para renunciar antes de tempo.
Mirouno detidamente. Topou eses ollos que antano a miraron con desexo e que agora transmitían tanta tenrura. Eran ollos arrugados, e ainda que non os recordaba doutro xeito, parecíanlle cada vez máis apagados.
Sabía que esto iba a pasar. Negoullo a uns e a outros, incluso a ela mesma so negou convencida, pero sempre soubo que pasaría. Porque hai cousas contra as que non se pode loitar e o tempo veloz e dificil de manexar. Non se arrepentía, non era iso. Non sentía aver perdido o tempo ou malgastar a súa xuventude como moitos lle dixeran. Non, non sentía remordimentos, nin rabia, so sentía pena de non poder prorrogalo mais. Tiña sido tan feliz, moito máis do que nunca esperara e agora so lle quedaria a morriña e a impotencia de non poder facer nada.
Achegouse a el, e colleulle a man. O seu corpo estaba debil, notabao tremer. Non era nada que poidese curarse, nada que tivese un remedio. Aceptar fai tempo que nada acouga a un corpo envellecendo.
Costaballe recordar como era el cando o coñecera. A imaxe viñalle a de un home atractivo, forte, decidido, seguro de si mesmo. Esa seguridade que a coutivara, esa seguridade que a envolvera, esa seguridade que ela anelaba. Era una nena de 16 anos que se namorou dun home de 40. Nadie creu neles, pero eles creeron. Ninguén a apoiou, ninguén a entendeu, pero ela arriscouno todo polo que sentía e gañouse unha vida chea de ledicia. Ata neste momento triste sentiase contenta.
-...
- Non puden velo. Outra vez quedeime diante da porta pensando si mañá alguén me deixará pasar. Non entenden que non deixarme velo non me fará deixar de pensar nel. Pode que non este ben, que non sexa el, que este trastornado, atormentado, confuso. Pero eu si son o mesmo de onte, e de antesdonte, e de todos estes malditos días nos que me negaron velo.
-...
- ¿E entón que e o que se supón que debo facer agora? Eses muros que me impoñen son moi altos paras miñas machacadas ás. Non teño a quen pedir favores, non teño chaves máxicas que solucionen algo con unha sinxela chamada de teléfono. ¿Que fago entón? ¿Pensar? Pensar e tolear.
-...
- Xa sei que o normal sería que non quixera velo, pero non hai nada de normal nesta situación. Nin neste caso nin en ningunha relación entre persoas. Por algo a loucura lle puxeron o eufemismo de amor eterno. Pero se e o que mamamos, porque agora non o entenden. Dende neno túa nai diche que te querra pase o que pase, as mulleres que te aman prometechen amor infinito, os amigos sempre son pa sempre. Todo se da por feito, as cousas efímeras parecen ser para os debiles insensibles. Enton, porque me miran como un tolo se agora quero velo e abrazalo. ¿E culpa miña? ¿Debería sentirme mal? ¿Porque?
-...
- Claro que volverei maña. Saben que volverei e por eso me miran con eses ollos que non sei que reflexan. ¿Compaixón? ¿Rencor? ¿Incomprensión? Dame igual como me miren non son as súas miradas cas que quero toparme. Pero non podo velo, non me deixan. Non podo saber se está ben, se necesita algo, nin sequera podo saber se quere verme!
-...
- Dame igual o que eles queiran. Intentan aislaranos, separaranos con barreiras físicas porque non poden separarnos espiritualmente.
-...
- Sei o que fixo, non son tonto. Seino e seguireino sabendo ainda que mo repitan mil veces. Suponse que porque mo repitas vou a marchar? Eu queroó, como non o vou a querer se é meu irmau. Dende que nacín tuben que querelo, ata o fin, non? Eso e o que me enseñaron. Porque nos une a sangue, que non sei que tipo de lazo e ese, pero si sei que nos ata. Non debe importarme o que faga, eu teño que querelo. E como o quero teño q estar aca ata que me deixen velo.
-...
- Deixaranme, tarde ou cedo terán que deixarme.
-...
- Non e miña culpa querelo, joder. Porque ninguén pode entender eso? Nin tu? Dame igual que matara a esa rapaza. Dame igual, entendelo? Teño que estar con el, coa parte que eu amo, coa parte que coñezo. Por iso me da igual se a matou, porque eso a min tenme que dar igual.
-...
- Porque? Preguntasmo en serio? Pois porque hai una cousa que me enseñaron dende neno. E chamase amor incondicional!
Luana Álvarez Martínez

E una loita a vida ou morte. Non hai gañador nin vencedor, senon que hai supervivinte e cadáver. Cando non e posible quedar en pe q non ser que sexas o mellor as cousas volvense máis crueis, máis viscerais, máis interesantes o fin e o cabo.
Porque arriscarte a morte? Porque o botín e demasiado tentador, porque o éxito e o que perseguimos contra calquera cousa, porque o sabor da victoria e un sabor extasiante. Verte só no rin, mirando dende arriba o teu adversario caído e o máximo grado de satisfación, de grandeza. Que pode haber mellor? Notas o teu corpo tremer polo esforzo realizado, pero sorris, porque o outro non treme, xa non ten corazón que bombee. No olimpo só quedas ti. Non hai sitio para dous.
E cando eres o vencido? Non sintes nada. Perdes a capacidade de sentir. Esperimentache tanta dor que o teu corpo diche adeus e a tua mente escapa as carreiras. Non poderás erguerte en moito tempo. O principio non querras levantarte, despois de un tempo infinito de anestesia querrás, pero non podrás. Nunca volverás estar erguido, nunca como antes. E a próxima pelea, costarache anfrontala, fuxirás, serás covarde porque non queres volver a ser derrotado. Alexaraste, alexaraste o máximo posible ata que un día alguen te tope coa garda baixa e todo volva comezar.
Asi e o amor. Un combate. Una loita a vida ou morte. Donde podes sair victorioso ou ferido. Nadie sae igual que entrou. Un gaña, cando a loita acaba, e o outro irremediablemente perde, evitando próximas relacións, de calquera tipo ata que alguen o fai voltar a batalla.
Pero, que importa en verdade, o resultado final ou a propia loita? Cando esta o teu corpo máis en tensión disfrutando do momento? Porque despois todo acaba, e que che queda? A victoria, a derrota, son só un intre. A loita marca o tempo, marca a vida, marcao todo! A pelea e o importante o que te fai sentir vivo. E que hai máis importante na vida que sentir que vives?
Así que non te negues se alguén che pide un combate a morte, pode que nese morrer descubras o sentido da túa vida.
Lu

Corenta e oito minutos. Corenta e oito, nin máis nin menos. Corenta e oito minutos foron os que estiven sentada no asento do copiloto do Ford Ka de Xabier pasmando para aquela casa, a miña casa. Os corenta e oito minutos de seguro se converteran en horas se Xabier non me collese da man e me dixese que tiña que facelo, que me ía sentir mellor. Biqueino e saín do coche. Camiñei un par de metros e detívenme á vez que volvía a vista atrás. El sorriu. Dinme a volta e seguín avanzando até chegar á porta daquela casa. Puxen a man no pomo, suspirei fondo e abrina lentamente. Renxeu. Polo meu corpo subiu un tremor dende os pés até os ombros en canto recoñecín aquela entrada. Estaba vella, chea de po. Os mobles estaban comidos pola traza e recubertos dun monte de suciedade que lle daba un aspecto moi tétrico. O ar estaba moi húmido. Notábaseque ninguén pisara ese chan en moitos ano.
Examineio primeiro piso. Camiñar por alí non resultaba tan complicado. Cada obxecto, cada curruncho, cada detalle facían chegar á miña memoria miles de recordos felices que até foron capaces de me arrancar un pequeno sorriso. Pero esta expresión esvaeceuse rápido da miña cara cando vin as escaleiras que subían aosegundo piso. Tiven ganas de saír correndo, pero tiña que facelo. Os banzos seguían parecendo tan seguros como cando Álex e máis eu corriamos arriba e abaixo para ver quen era o máis áxil mentres mamá berraba para que parásemos, pero ó pousar o pé no primeiro banzo a madeira renxeu e fíxome recuar. Volveron a minas ganas de fuxir de alí. Pero sabía que tiña que subir, prometérallo a Xabier. Xa non era unha cuestión de querer ou non querer, era unha cuestión de palabra. Volvín pousar o pé no chanzo, pero esta vez fíxeno moi suavemente. O ruído foi tan leve que case nin o oín. Despois de facer o mesmo nos once seguintes banzos vinme de pé no piso superior da casa. Sentíame mal, sentíame unha merda. Falláronme os azos e senteime no chan. Non sei canto tempo estiven alí sentadacoa mirada perdida, pero algo que non sabería dicir o que foi fíxome levantar. Non era capaz de crer que estivera alí de novo despois de tanto tempo, despoisde tantas bágoas, despois de tanta dor. Nin eu entendía de onde sacara o valore a forza para volver a aquel lugar, para volver a aquela casa onde se arruinou a miña vida.
Abrína primeira porta, a do cuarto dos meus pais. Todo estaba vello, pero perfectamente ordenado como lle gustaba a mamá. Pasaran tantos anos e ninguénse atrevera a entrar naquela casa solitaria as aforas de Serpes. O recordo do sufrimento da miña pobre nai por culpa do cabrón do meu pai, ao este irse cunha puta barata, cando eu acababa de nacer, fíxome pechar a porta. A seguinte habitación na que entrei era a do meu avó paterno que se mudara á nosa casapara axudar a criarnos. Sentín noxo. Dirixinme ó meu antigo cuarto situado ó fondo do corredor. As miñas bonecas parecían aledarse de verme. A cama estaba sen facer, coma sempre. Nunca me gustou facer as camas, non lle atopaba sentido, para que facela se á noite ía desfacela de novo? Miña nai non pensaba o mesmo, así que sempre me berraba por iso. A verdade é que sempre me berraba por todo, ao contrario que o meu avó, sempre relaxado e cariñoso. Eu adorábao, era o pai que nunca tivera, tratábame como a unha filla e eu incluso lle chamaba papá. Era o home perfecto para min, pero tan so era un disfrace. Todo nel era mentira. Mentiras, mentiras e máis mentiras rodearon sempre a miña vida. Eu era demasiado pequena para comprender que a miña nai non caía todos os días por as escaleiras, para entender que cando el falaba atropelado non era porque se mordera a lingua, demasiado nena para pensar que alguén é capaz de aparentar ser a mellor persoa do mundo e ser en realidade o monstro máis detestable. Era demasiado inxenua para darme conta de quen era meu avó. O feitode que tivera a figura paterna idealizada fixo que cando, con doce anos, vira ao meu avó mallar até case matar a miña nai no meu cuarto, a caída fora tan grande que aínda hoxe, quince anos despois teña ganas de mandar todo a merda. Porque o santo do meu avó aparte de zurrarlle a miña nai era alcohólico, traficaba coa droga e foi capaz de... E non contento con arruinar a súa vida fixo que Álex seguira os seus pasos. É a peor persoa que coñecín. Árdenme as veas só con pensar que é o seu sangue o que corre por elas.
Tan só quedaba unha porta que abrir, o cuarto de Álex. Antes de entrar xa sabía que me ía mergullar nun mar de recordos insoportables. Abrín a porta e si, vin odio. Odio nas paredes, odio no teito, odio na cama e odio en todo aquelo que fora cómplice da miña desgracia. Vinme a min mesma naquela cama quince anos atrás. Vin como meu avó me ataba e me espía. Eu berraba. Recordo como Álex me sacaba os pantalóns mentres meu avó se sentaba e prendía un cigarro. Álex púxoseme por riba e penetroume. A dor que sentín aínda a sinto cada vez que o recordo. Choraba, berraba, pero ninguén acudía na miña axuda. Cando Álex se fartou sentouse xunto o meu avó e comezou a picarse. Rían. Eu non tiña forzas,doíame todo. Buscaba arrepentimento nos seus ollos, pero tan só atopaba ledicia, disfrute, pracer. Cando remataron de meterse a dose diaria, foi meu avó quen abusou de mín. Non sei canto tempo estarían así, porque eu desmaieime e perdín a consciencia corenta e oito minutos despois da primeira vez que mirei o reloxo para evitar ver os seus rostros. Cando espertei estaba nun hospital. Miña nai decidira escapar comigo, estaba farta. Eu non entendo como e porqué aturara tanto.Choraba.
Con trece anos aprendín o cruel que é a vida, aprendín que as aparencias enganan e aprendín a odiar. Comecei odiando a meu pai, a meu avó e a meu irmán e acabei odiando a todos os homes. A todos. O meu odio fíxose tan grande que sería capaz de entregarlle a miña alma ó demo se con iso conseguira velos a todos morrendo de dor lentamente. Durante catorce anos iso foi o único no que crin, a miña regra. Todos os homes son iguais e o odio é o único que merecen.
Saín daquela casa. Mirei á fronte e vin a persoa que máis quería sentada nun Ford Ka gris. Xabier era un home e amábao, amábao máis que á miña propia vida. Ese sentimento levaba un ano atormentándome. Ó recordar o meu pasado acababa de recuperar o doce sabor do odio e non ía deixar que fora un home quen mudase a miña vida. El cambiaba o punto de vista, falseaba a miña teoría, el rompía os meus esquemas. Non podía permitilo. Saquei do bolso a miña pistola e escondina debaixo do abrigo. Camiñei cara o auto. Mireino a través da xanela e vino sorrir. Desexei odialo para non ter que facer aquilo. Abrín a porta senteime.
-¿Qué tal rula? – preguntou Xabier despois de collerme a man e bicarme docemente como sempre facía.
-Perdóame, sabes que te amo demasiado.
Saquei suavemente o revólver de debaixo do abrigo e púxenllo na tempa. A súa expresión non mudou. Díxome que me quería. Polas miñas meixelas escorregou unha bágoa. Biqueino. Pechei os ollos e apertei o gatillo. O seu sangue salpicou todo ocoche.
Mantívenme serea mirando o cadáver de Xabier. O seu corpo aínda estaba quente. Non podía mostrarme débil diante de ningún home, nin sequera diante do seu corpo inerte. Observeino durante corenta e oito minutos. Corenta e oito nin máis nin menos. Logo baixei do coche e comecei a andar. Todas as regras teñen excepcións que as confirman. A miña regra agora era unha regra pura. Xa todo daba igual.
Luana Álvarez Martínez

O día que te perdín orballaba. Sempre me gustaba ver chover así, miudiño, tan delicado.
Levo tanto tempo pensando en ti, sen decidirme a escribirche, que agora non sei que contarche. A verdade coido que non teño nada interesante que dicirche. Ben, si,que te quero, pero supoño que xa o sabes. Eu sei que o sabes. Serías moi parva se non te deses conta.
A miña vida sen ti non tivo demasiado sentido. Andei dun lado para outro, como un monicreque sen metas. Non aspiro a nada. Non teño nada. Non son nada.
O día que aquel autobús te levou por diante, orballaba, e eu sentinme morrer, pero a que morriches fuches ti, meu ben. Sei que só te vin eses cinco minutos antes de que te foras, pero a fatalidade dese día fíxome amarte como nunca amei ninguén. Quérote descoñecida, muller sen nome, orballo calado. Quérote e necesitaba dicircho por se o olvidaras.
Non sei a onde enviar esta carta. Non sei onde deixar o meu corazón, nin sequera sei a quen amo. O único que sei e que o día que te coñecín orballaba, e que sempre me gusta ver chover así, miudiño, tan delicado, porque me recorda a ti.
Adeus amor.
Luana Álvarez Martínez

Estaba sentada a medio mundo de distancia de todo aquelo que algunha vez amara. Sentía a xente moverse ao seu redor, transladando o ar dun lugar a outro logrando axitarlle o cabelo. Percibía o seu calor humán, e antoxábaselle un recordo tan lonxano que a facía estremecer. Tiñan pasado tantos anos dende que fora aquela persoa, que nese intre non era capaz de localizar nin un recuncho da súa propia alma. E como cada vez que facía frío en Moscú, pensou nel.
Pechou os ollos e intentou escoitar a súa voz de novo. O silencio da Praza Roxa era sepulcral, a pesar das miles de persoas que vivían ese momento da súa vida alí. Cantas veces escoitara aquelas palabras que agora parecían impronunciables. Tiña a seguridade de telas oído tantas veces que non topaba sentido ao vacío do seu corazón. El, o único ser que llas susurrou algunha vez, non era máis que nada disovéndose na néboa.
Que engañada estivera. Que leción maís dura lle estaba dando a vida. Un día pensara que era alguén e nese momento deixou de ser quen era. Creuse pedra, si, creuse forte, invencible. Mirarse agora podía facela sorrir. Como permitira que lle pasase iso, como puido estar tan confundida. El. El fora o único que a entendera a pesar dela mesma, que a comprendera cando ela nin seqera se tiña descuberto. El. E onde estaba agora? Só tiña una resposta: nun lugar onde ela non poidese alcanzalo.
Resultáralle sinxelo rexeitalo, votalo da súa vida, expulsalo con man firme. Que ben se sentira aquel día, cando pensaba que era dura, pero que era o mellor para el. Non sairon palabras de arrepentimento ou lástima dos seus beizos, non, porque ela de aquelas era osada, atrevida, directa. Non lle supora ningún esforzo decirlle que xa non o precisaba, que necesitaba eliminar os obstáculos que lle impedían avanzar na vida, coma el. Se nalgún momento fora capaz de sentir pena, autoconvencérase do valente que era facendo aquelo.
Valentía? Que tipo de valentía fora aquela senon a maior das covardías? Que claro o via todo agora. Fora covarde, non quixo loitar, non so planteou nin un só segundo. Non quixo pelexar polo amor da súa vida, non quixo escoitar as súas palabras, non quixo complicarse. Todo sería mais doado así, sen el.
El. Todos os días el, toda a súa vida, el. Todo o bo que tiras o lixo.
Anoitecera cando se lle secaron as bágoas nos ollos. Percatouse de que lle doían os dedos. Despois notou dor na punta do nariz, nas orellas, na cara. Pouco a pouco apercibiu que lle doia todo o corpo. Ata a alma. Nunca fixera tanto frío en Moscu.
Luana Álvarez Martínez

- Ti crees no amor verdadeiro?
- Xa sabes que non.
Non era a primeira vez que se daba esta escea. De feito, era bastante habitual. As dúas tiradas no sofá, pixamas como vestimenta de guerra, sendas tarriñas de medio quilo de xeado e un mar de clines desaparecendo o chan.
- E como podes vivir sen esperanza, Vito? Sen ter esa ilusión de topar algún día o amor verdadeiro, esa persoa especial destinada para ti que che faga sentir cousas que xamais pensache sentir, que che faga, non sei, feliz.
- Xa tes unha idade pa deixar de pensar nos contos de fadas.
- Por que? Non o entendo, porque se supón que ao crecer temos que perder a ilusión. Parece que madurar consiste en machacarnos os soños. Que se supón que tes que esperar na vida se non tes nada que esperar.
- De tanto esperar deixas pasar o tempo. Ao amor verdadeiro, eu esperoo sentada, sabes?
- Non sei como podes vivir así.
- Clara, asi e como se vive, vivindo o que pasa, disfrutando do día a día do que vai ocorrendo. Vivir non é agardar tempos mellores e principes azuis, vivir e facer que este tempo sexa o mellor e que todos sexan principes azuis, dunha noite ou dúas eso si.
- Es o demo.
- E menos mal.
Luana Álvarez Martínez
¿Cantas veces te xurache que non ías a volver chorar por el ou por ela?¿Cantas? As veces son tantas que acabas pensando que ou eres parva/o ou que non hai dito máis certo que aquel que dí que a raza humana e a única que tropeza dúas veces na mesma pedra.
O peor, e que raras veces topas un motivo para deixar de facelo. Supoño que chorara alivia a alma en certo modo, deixas escapar a dor por os teus ollos e queda dentro menos que poida consumirte. Aínda que o concepto de dor sempre me resultou indescriptible, non creo que exista ninguén que non sepa de que falo. Ten tantas manifestacións diferentes que as veces confundimos outras sensacións ca dor. Unas persoas quedan na cama, acurrucadas, escoitando cancións trites ou en silencio, oíndo a vida ao lexos. Outras san de festa a borrar o sufrimento con alcohol, baile e bicos. Outras simplemente paralízanse e ven pasalo tempo. As maís hipocondríacas canalizan a dor a distintas patoloxías somáticas coma as dores de cabeza, o insomnio, os retortixóns ou os vómitos nostalxicos e nudos de estómago afogantes. Pero todas, todas teñen en común que sabrían o xeito exacto de borrar dun plumazo esa sensación, o problema é que a maioría síntense impotentes ante esa solución.
¿De quen depende a nosa dor, entón? De nós, dos demais, do destino cruel, do azar caprichoso...
A dor, ten tantas causas, tantas consecuencias. E tan complexa... Pero a dor tamén e unha mestra da vida. Non vale sorteala, esquivala ou escaparlle, tes que vivila e sufrila, e verás que podes sacar algo bo dela. Algo hache de ensinar, e entón verás que non hai sacos sen fondo, buracos negros, nen mal que cen anos dure.
Non podo dar recetas contra a dor, só podo dicir unhas sabias palabras que unha vez me dixo miña nai, e que son moi apopiadas pos males de corazón:
"Luiña, de amor non morreu ninguén"
Lu

¿Por que alguén coma min que non cala quere escribir un blog? Se en realidade o lenguaxe oral e máis doado e rápido. Supoño que así ninguén me interrumpirá mentres falo, e podrei decir o que queira sen que ninguén me interrompa. Non estou acusando a ninguén de privarme da miña liberdade de expresión nin moito menos, pobre do que se atreva, jeje! O que pasa que sempre será máis verdadeiro o que se diga se non podes ver a cara da persoa que reciba as túas palabras.
¿Cobardía? Quero pensar que non, pero vai ti saber... Prefiro pensar que así non me cortarei ante miradas reprobatorias ou bufares de aburrimento. Ademais, así quen non queira ler non o fará, e quen queira que tire pa diante co texto, fácil, sinxelo e para toda a familia, jeje! Pois eso, que pa ser un comezo xa me estou espallando de máis, e tampouco e plan de que entredes no blog, leades esto e xa nunca máis volva ter noticias vosas. Que ben sei que tanta letra a máis de un tirao pa atrás. Pois o dito, aca plasmarei todo aquelo que se me pase pola cabeza, dende a tonteria máis tonta do mundo mundial ata una idea brillante rozando o límite da xenialidade. Por desgracia supoño que serán máis das primeiras... Vemonos por estos lares. Saúdiños.
Lu
